Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



viernes, 20 de abril de 2012

CADÁVERES EXQUISITOS DE 2º NB

CADÁVER EXQUISITO 1


Se pensades que a vosa vida é chunga é porque non coñecedes a do meu pequeno veciño Juan Francisco. Iso si que é unha película...

O pobriño de Juan naceu un martes, martes e ademais trece... Caían chuzos de punta naquela mañá do mes de xaneiro do ano 2000...

Nin lle deu tempo a chegar ao hospital, tivo que vir ao mundo no taxi do Estevo...

Cando, por fin, deron chegado ao hospital fixéronlle varias probas ao neno e deseguida descubriron o que lle pasaba...

Tiña unha marca especial nas súas costas, algo que o identificaría de por vida. Un neno así tiña que ter algún don...

un poder sobrenatural que desenvolvería nos vindeiros anos e que faría de Juan Francisco o veciño máis importante da cidade...

Isto no lle gustou moito á súa familia que xa tiña poucos cartos e todo isto facíalle pensar que o único que lle achegaría serían máis gastos...

Coitadiño del, aos seus 12 anos e sendo o menor dos irmáns –tiña quince irmáns por diante–. O maior estreou pantalóns cando cumpriu 18 anos e iso foi...

a proba definitiva para que Juan Francisco se dera conta de que tería que traballar moito para saír adiante; entón comezou a procurar un traballo para poder gañar cartos e axudarlle á súa familia...

O que nunca pensou Juan Francisco nin a súa familia é que aquel poder sobrenatural co que naceu e que tantas dores de cabeza lle dera aos seus pais estaba a punto de aflorar... E así foi como...

un día cando estaba na fonte tivo unha visión dun home que recoñeceu ao momento; o home ía diante da Santa Compaña. Soubo que o tiña que avisar rapidamente e contarlle a súa visión, aínda a sabendas de que el igual non lle facía caso...

E xa se sabe o que ocorre cando a fame aperta, un espabila. Decidiu explotar o seu don para sacar moitos cartos traballando como médium para as familias que necesitaban comunicarse cos espíritos dos seus antepasados...

E así é como hoxe en día se pode ver, a partir das dúas da mañá, a Juan Francisco nun programa de televisión. É a envexa da súa aldea.


CADÁVER EXQUISITO 2

Alí estaba eu, sentado na miña butaca do avión co cinto posto e contemplando como a azafata nos explicaba aos pasaxeiros que facer en caso de accidente...

Tódolos días a mesma ruta para nós, os empregados da empresa SOLSAL, que usabamos a ponte aérea...

Aínda así, despois de tantas viaxes, eu tiña certo medo a voar e non deixaba de pensar no pequerrechos que somos en caso de accidente...

Axiña deixei de pensar en cousas agoireiras e como xa estabamos voando soltei o cinto e púxenme a facer un traballo que tiña pendente para rematar a miña tese sobre fobias a voar, xa que era obrigatorio para rematar a carreira de Psicoloxía e tiña que relatar varios casos...

Collín o meu portátil para comezar a traballar, pero, de súpeto, escoitei un berro procedente do baño. Todos os pasaxeiros se asustaron e as azafatas trataban de poñer calma, pero...

unha muller, xa entrada en anos, non puido controlarse e berraba máis e máis; entón o seu home arreoulle dúas morradas, plis, plas. Entón si que se fixo o silencio en toda a nave...

Como noutras ocasións, as fortes turbulencias fixeron que o nerviosismo fora en aumento no grupo de xubilados, os cales, dende unha pequena aldea de Galicia, viaxaban ata Barcelona...

Debido ás turbulencias puxen o cinto e tratei de centrarme na miña tese, mais non para de pensar que á noite podería ver xogar ao Depor contra o Barcelona...

Parecía que todo tornaba á normalidade cando de súpeto, raios e tronos...

e así toda a viaxe, xente que se asusta, xente que se dá conta de que non vai pasar nada e eu... eu esgotado por todo aquilo caín nun pesado sono...

Espertei coa chamada da miña acompañante cando chegamos ao noso destino, cun sol radiante e todas as vacacións por diante.

No hay comentarios: