Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



martes, 17 de abril de 2012

CADÁVERES EXQUISITOS DE 2º NA

CADÁVER EXQUISITO 1
 
 Se pensades que a vosa vida é chunga é porque non coñecedes a do meu pequeno veciño Juan Francisco. Iso si que é unha película...


de medo. Pero de medo cutre. Chegou ao piso de abaixo, ao primeiro, non hai moito; viña dunha aldea de Lugo. Eu atopeino na escaleira susto cando facía a mudanza e reparei en que levaba unha gaiola ferruxenta...


Nela, ía un paxaro de cor vermella que en vez de chiar facía un son moi agradable que semellaba o canto dunha serea...


A verdade é que era agradable para el, para min, que non aturo os paxaros, dábame moito noxo. Así foi que decidín que ese animal debía morrer. Non sabía moi ben como e ocorréuseme mercar un gatiño e deixar que el mesmo se encargase do asunto, sempre coa esperanza de que tivese máis sorte que o famoso Silvestre...


Fixen todo o que puiden, achegábame á gaiola e sen que ninguén me vira abría un pouco a porta, deixaba que o meu gatiño axexara día e noite a gaiola, mais os meus plans non tiñan moito éxito...


O paxaro do meu veciño e o meu gato fixéronse amigos e agora o meu gato visita cada serán o paxaro do veciño e este canta sen para el...


Un día, cando volvín á casa decateime de que me faltaba o gato, baixei as escaleiras ata chegar ao primeiro andar e petei na porta. Había moito silencio. A porta empezou a abrirse pouco a pouco, a fiestra estaba aberta, estaba todo cheo de sangue e... MEU DEUS!
 
 
CADÁVER EXQUISITO 2
 
 
 Alí estaba eu, sentado na miña butaca do avión co cinto posto e contemplando como a azafata nos explicaba aos pasaxeiros que facer en caso de accidente...
 
 
 Mentres ela estaba explicando como usar o salvavidas escoitei un son moi estraño, que viña do fondo do avión. Mirei cara a atrás e puiden ver como os pasaxeiros tamén miraban abraiados...
 
 
 Xusto na última ringleira de asentos atopábase unha persoa árabe que estaba a mirar para nós cunha metralleta de gran tamaño. Entón, como son un home ben pensante, dixen para min: “tranquilo, árabe con metralleta tampouco ten por que ser un terrorista”, quizais sexa unha broma...
 
 
 Estabamos todos moi nerviosos, pero entón puxémonos no seu lugar e facendo un exercicio de empatía intentamos comprendelo, ademais os prexuízos non son bos conselleiros...
 
 
 Entón, de súpeto, o home da metralleta decidiu poñerse en pé e disparala. Cal foi a nosa sorpresa, cando o que de verdade saíu da arma, en vez de balas, foi...
 
 
 un chorro de aire quente e perfumado que, rapidamente nos envolveu a todos nunha atmosfera doce e amorosa. Aquilo non tiña sentido, non, pero cando sentimos aquilo que máis semellaba o bafo quente dun neno, todos á vez, comezamos a mirármonos, a fitar uns para os outros, as outras para os uns, con ollos tenros e cheos de bágoas. O que seguiu dáme vergoña contalo, foi a máis estraña orxía que eu xamais vin: brazos e pernas mesturados, homes e mulleres fundidos nunha aperta sen fin, pasaxeiros da clase turista cos dos da “business”... Tempo despois, cando o avión chegou ao seu destino e todos baixamos del, intentando recuperar a cordura (e a roupa interior), fixemos a firme promesa de esquecelo todo, como se xamais tivera pasado e non puidera pasar nunca de novo. Pero agora, na miña casa, busco ese perfume.

No hay comentarios: