Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



OUTRAS LECTURAS QUE PROPOÑEDES

Ademais das lecturas recomendadas polo Departamento de Galego, que outros libros lestes? Indicádenolo e dádenos a vosa opinión.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu lin Unha puta percorre Europa de Alberto Lema.
Novela policial na que se cometen diferentes crimes a mans dunha muller como vinganza polas experiencias que tivo cos homes.
A policía non logra collela porque é fría e calculadora.
Recoméndovola por que é fácil de ler e contanse varias historias diferentes e ao mesmo tempo entrelazadas.

Anónimo dijo...

Eu lin Enderezo descoñecido. Non me lembro do autor.
Un libro curtiño e de lectura sinxela. Ambientado na época do auxe do nazismo conta como a relación de dúas persoas, cunha amizade case de irmáns, se converte en odio provocando unha vinganza sutil que leva á morte