Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



miércoles, 14 de marzo de 2018


Neste enderezo tedes toda a información relativa ás probas para a obtención dos Celgas que, como en anos anteriores, se desenvolverán aquí en Ponferrada.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0249/probas-para-obtencion-dos-certificados-lingua-galega-niveis-celga-1-2-3-4

martes, 1 de marzo de 2016


E logo? Fostes escoitar a contada de Celso F. Sanmartín ao teatro Bergidum o venres 26 de febreiro?

Entón a que esperades para compartir connosco as vosas impresións... ou ¿é que aínda estades a rir e a asimilar toda a súa arte de contar? Contádenos que vos pareceu. 

Para os que vos foi imposible asistir deixámosvos aquí unha mostra para que a próxima vez que teñades oportunidade de o escoitar non o perdades. 


viernes, 12 de febrero de 2016

FOTOS DO ENTROIDO DE VIANA DO BOLO



En Galicia hai sete entroidos que posúen o recoñecemento de Festas de Interese Turístico: 

  • Dúas delas son Festas de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Xinzo de Limia (Ourense) e o Entroido de Verín (Ourense). 
  • As outras cinco teñen están consideradas como Festas de Galicia de Interese Turístico: o Carnaval de Cobres (Vilaboa. Pontevedra), o Entroido de Laza (Ourense), o Entroido de Viana do Bolo (Ourense)), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (Ourense), os Xenerais do Ulla (concellos da comarca do Ulla, que pertencen á Coruña e a Pontevedra) e o Entroido de Maceda (Ourense).
Velaquí unhas fotiños representativas dun deles, do ENTROIDO DE VIANA DO BOLO, que quixo compartir connosco a alumna do C1, Ana Pereira Salgado. Moitas grazas, Ana. 






















miércoles, 3 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

CHEGOU O ENTROIDO!!!!!





















Ímonos mergullar nesta festa de "carnestolendas". Picamos aquí Para sabermos máis


E nestoutro enlace  tamén nos achegan información ben interesante sobre as orixes      e outros aspectos do Entroido: 

O Entroido
View more pre
sentations or Upload your own.

jueves, 14 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Un alumno de primeiro curso  de nivel  avanzado ofrécenos o seguinte comentario e unha reflexión sobre o homenaxeado:



A R. A. G. homenaxea este ano ao erudito Filgueira Valverde no próximo Día das Letras Galegas, o cal vén sendo obxecto de polémica.
Podería ser o ferrolán Carvalho Calero, ou talvez Manuel María, mais a sobranceira Institución da Lingua Galega fixo a súa escolma e decidiu que o polifacético e polígrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde era merecente da distinción e conviña dedicarlle tan senlleira festividade.
Se algunha cualidade distingue ao recoñecido e louvado Filgueira Valverde é a capacidade de traballo intelectual: escribiu por enriba dos 300 libros, máis unha chea de colaboracións a xeito de artigos e publicacións variadas. Foi un gran investigador da literatura medieval, ao mesmo tempo que filólogo e etnógrafo. Noutro canto, destacou como arqueólogo e tamén como amante dos costumes e maneira de ser dos galegos. Tamén desempeñou diversos cargos, nomeadamente no Seminario de Estudos Galegos, na mesma Real Academia da Lingua,... e, asemade, nos eidos da política ou do ensino,... Recibiu numerosos premios e agasallos. Chegaría a ser alcumado co título de “vello profesor”.
Filgueira desenvolveu un labor que é de agradecer polo que atinxe ao estudo da historia do medioevo, período no que acadou prestixio e sona, o que lle concedeu unha autoridade intelectual incontestable. A súa teima levábao a pescudar nas épocas das principais peregrinacións relixiosas no Camiño de Santiago, nos elementos da arquitectura tradicional e nos séculos escuros e case esquecidos da Idade Media. Por outra banda, estivo vencellado durante un tempo ao Museo da súa cidade, Pontevedra, e era tamén un observador extraordinario dos detalles que tiñan a ver cos antergos.
Ademais, as súas achegas sobre a etnografía, os costumes e a arqueoloxía da terra galega procuráronlle unha morea de posibilidades ao fin de afrontar os seus relatos. As referencias ao consuetudinario, moitas veces, son constantes. Como columnista, no conxunto de aportacións recollidas nos "Adrais" ou na serie de contos e narracións da colección titulada "Quintana viva", amosa o xenuíno e a autenticidade de figuras esterotipadas cuxa presencia é notoria. O feito de contar cunha inxente cantidade de volumes divulgados (máis de 300) permitiulle abranguer unha ampla diversidade de materias.
A súa faceta política é outro dos trazos que o caracterizan: rexidor da cidade do Lérez, Conselleiro de Cultura con Fraga, Parlamentario e nomeamentos públicos no ámbito da cultura e mailas artes.
A sabedoría que acumulaba non era allea ás súas indagacións filolóxicas e lingüísticas. Porén, tendía a escoitar a fala do pobo, dos aldeáns e de personaxes tradicionais. O seu olfato especial e a habilidade para acoller o enxebre e propio dos grupos humanos axudáballe dabondo a debuxar con verbas delicadas e axustadas o esencial de cada situación.
Aínda que ninguén negue nin poña en dúbida a súa valía, o certo é que quizáis sexa moi cedo para adicar a data máis sinalada de fomento da lingua a un home que tendeu a apoiar o réxime franquista. Ao contrario, no aspecto positivo, axudou a prol do reforzo e defensa da lingua e as tradicións máis nosas. Neste senso cómpre referir unha nota de Xosé R. Freixeiro Mato, na que vén dicir que tres textos que gababan ao ditador (xa no ano 1937) saíron da súa pluma e correspóndense coa autoría do persoeiro ao que imos lembrar o vindeiro día 17; e, por outra banda, os defensores da súa candidatura atopárono con dignidade e calidade indiscutible.  Cómpre valorar os acontecementos en canto as condicións do momento nas que se deron. Ao meu entender, pódese rematar concluíndo que o problema insírese no que fai á oportunidade e non na cualificación dunha obra certamente imprescindible e excepcional. 
                                                           Marcelino B. Taboada



martes, 24 de marzo de 2015

VIAXE A GALICIA

O Departamento de Galego e a Escola de Idiomas organizan una viaxe pola Costa da Morte do máis atractiva: "O Camiño dos Faros", ruta que une Malpica con Finisterre polo bordo do mar, o gran protagonista.
Un Camiño  que percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar. Faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, esteiros cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dolmens, vilas mariñeiras, miradoiros ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol... unha ruta de sendeirismo como poucas e que nos levará a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.
A nosa proposta e facer algunha das marabillosas etapas do Camiño. Podedes atopar a información na páxina da escola e xa só queda apuntarse canto antes.
Non volo quereredes perder!!!