Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



miércoles, 25 de abril de 2012

OS MAIOS, TRADICIÓN NO BIERZO

Cada primeiro de maio acontece en Villafranca del Bierzo a "Festa do Maio". Unha ancestral tradición de orixe pagá que fai referencia a ritos que teñen que ver coa fertilidade e a rexeneración da natureza.

ENTRA MAIO CON SUS FLORES,
SALE ABRIL CON SUS AMORES.
MARZO AIROSO, ABRIL CHUVIÑOSO
SACAN A MAIO FLORIDO E FERMOSO.

O rito de benvida á primavera comeza pola mañá cedo. Córtanse pólas de cantroxo, salgueiro e canas coas que se viste o mozo denominado "Maio", de tal xeito que non sexa recoñecido por ninguén. Acompáñano as "Maias", mozas con coroas de flores. As gaitas de fol faranos danzar.

ESTA CASA É DE CRISTAL
NELA VIVE UN XENERAL
VICHES O MAIO, MÍRALLE BEN
TRES CARALLIÑOS TENOS TAMÉN

As diversas procesións dos Maios parten de diferentes rúas da vila: do Campo da Galiña, da Rúa da Auga, da Rúa do Castelo... pedindo viandas, castañas mailas, pan, chourizo e viño. Rematan a festa cunha merenda.

TIRE CASTAÑAS SEÑORA MARÍA
TIRE CASTAÑAS QUE AS TEN NA COCIÑA.

Despois dun longo percorrido cantando e bailando, todas as procesións conclúen na Praza Maior, alí os Maios son deitados no chan e seguen as cantigas.

ESTE MAIO SEÑORA É
ESTE MAIO ANDABA DE PÉ
LEVÁNTATE MAIO MOITO DURMICHES
PASA UN BURRO E NON O SENTICHES.

Dores CC.           
           

No hay comentarios: