O actor Avelino González, coñecido polo seu personaxe de Miñato na serie televisiva Padre Casares, ofrecerá un monólogo o martes 24 ás 8 da tarde no teatro Bergidum.
Baixo o título "Historias de contrabando" a sinopse do espectáculo di que "o contrabando non é unha actividade comercial, é unha actitude diante da vida. É compatible cos trámites administrativos que non poidas evitar. Chámese matrimonio ou declaración da renda".
O contrabandista é un comerciante que non xera lucros para o estado. As historias non entenden de fronteiras e viaxan de boca a orella, presentándonos cal somos e ríndose de como somos.
Agardámosvos no teatro!, e tamén os vosos comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario