Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



jueves, 12 de marzo de 2015

VII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO. VILAFRANCA


A Comisión Cultural “Martín Sarmiento” abordou as VII Xornadas coa idea de realizar un repaso en galego do Bierzo aos costumes, ás  viaxes e miradas que sobre a paisaxe berciana fixeron os nosos autores cun claro propósito de afondar nos valores do noso patrimonio entendido este sempre dunha maneira integral: historia, arte, natureza, cultura e lingua. Este repaso permitiu botar mao da figura de Sarmiento como primeira e fundamental referencia, pero tamén de autores diversos que garantiron o contraste dese Bierzo que se expresa en castelán, o de  Gil y Carrasco, do que este ano celebramos o bicentenario, ou que o fai en galego, como Fernández Morales en el siglo XIX, e xa no XX con Carnicer e González-Alegre. Autores todos bercianos que utilizan distintas ópticas, prosa e verso para achegarse ao Bierzo patrimonial con outros ollos, como dicía Proust:  «a verdadeira viaxe de descubrimento consiste non en buscar novos paisaxes, senón en mirar con novos ollos».

Contamos coa colaboración  espléndida  da Secretaría Xeral de Política da Xunta de Galicia que trouxo a Vilafranca unhas actuacions didácticas de gran calidade para realizar o propio día en que naceu Sarmiento, afianzando así este encontro de escolares no "día do galego nos centros do Bierzo"

Quixeron que no 2015 os Intercambios escolares facilitaran aos máis de 1000 alumnos/as de galego esoutra mirada tan necesaria para actualizar e garantir a presenza desta lingua histórica e de cultura que trasfire identidade a nosa comarca e que Sarmiento tanto amou.


A primeira hora da mañá foi o intercambio escolar dos IES do Bierzo sobre A RIQUEZA DA OUTRA MIRADA que realizou cada centro que participa no Programa de galego no Bierzo. Estaban presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros. Tamén participaron algunos alumnos/as de galego da EOI de Ponferrada, recitando poemas de Fernández Morales e de González-Alegre.




Xa pola tarde, a profesora de galego,  Marta González Louzao participou na mesa de debate: Os soños de sarmiento. 
tema principal da mesa foi: POLÍTICA MUNICIPAL, EDUCACIÓN E LINGUA.
Nela interviñeron tamén os representantes de Educación da Junta e da Xunta, e representantes do Consello Comarcal e outros alcaldes do Bierzo.


No hay comentarios: