Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



martes, 6 de mayo de 2014

TORTA DE NOCES


INGREDIENTES :

·        un paquete de galletas María feitas po
·        100 gramos de manteiga
·        unha cunca pequena de viño doce
·        un bote grande de leite condensado
·        tres ovos
·        200 gramos de noces esmagadas
·         

PREPARACIÓN

Como primeiro paso, poñemos o forno a quentar a 200º. Logo mesturamos as galletas feitas po coa manteiga e coa cunca pequena de viño doce. Todo isto estendémolo polo molde e metémolo á neveira.

Batemos o leite condensado cos tres ovos e cos 150 gramos de noces. Despois distribuímos a mestura polo molde que estaba na neveira.

Finalmente, engadimos as noces que faltaban por enriba da torta e metémolo todo no forno durante corenta minutos a 200º.

Cando estea feita deixámola arrefriar durante catro horas e xa a podemos comer.


                                                                                                                                            

Jennifer Otero Páez 
1º NB 




No hay comentarios: