Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



martes, 6 de mayo de 2014

CABACIÑAS RECHEAS DE ATÚN


INGREDIENTES (para catro persoas):

·        dúas cabaciñas
·        dúas latas de atún
·        queixo mozarella
·        unha cebola
·        un tomate pelado e cortado en anaquiños
·        medio vaso de prebe de tomate
·        dous dentes de allo
·        aceite de oliva
·        pementa
·        sal

PREPARACIÓN

Nunha tixola botamos aceite de oliva para fritir os allos cortados en láminas mais a cebola cortada en anacos pequenos.

Colócanse as cabaciñas nunha fonte do forno, bótaselles un chisco de sal e aceite e enfornamos todo uns dez minutos. Logo reservámolo.

Picamos a carne das cabaciñas e botámola na tixola cos allos, a cebola e fritimos todo ata que estea brando, engadimos o tomate pelado e cortado en anaquiños; despois, botámoslle un chisco de sal e pementa, cociñamos uns minutiños e, finalmente, engadímoslle medio vaso de prebe de tomate mais o atún esmiuzado.

Por último, enchemos as cabaciñas co recheo da tixola, poñémoslle por enriba un pouco de mozarella e metémolo todo no forno uns dez minutos a 180º.

Sonia Martínez Rodríguez




No hay comentarios: