Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



jueves, 24 de abril de 2014

TORTA DA MIÑA SOGRA

INGREDIENTES:
22 culleradas de fariña
22 culleradas de azucre
200 gramos de manteiga
Un vaso de leite
Un ovo grande
Dúas mazás

Dificultade: doadiño

Persoas: 4 (ou 1 se é comellón/a)

PREPARACIÓN:
Coa fariña, o azucre e a manteiga prepárase unha masa nunha cunca mesturando todos estes ingredientes. Amásase ben. Mondamos as mazás e cortámolas en anacos finos. Logo, nun molde sen manteiga, ponse a metade da masa estirada. Enriba engádense as mazás. Despois tapámolas coa outra metade da masa. Mentres quentamos o forno a 200º, batemos o ovo co leite. Botámolo por enriba da masa e enfornamos unha media hora máis ou menos ata que calle ben o leite.
Aconséllase comelo o día seguinte par ao almorzo.
Pódese adornar con azucre glass ou un pouquiño de marmelo.
BOÍSIMOOO!!!
(Marta Fuego, 1º NB)

No hay comentarios: