Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



jueves, 24 de abril de 2014

CALDO GALEGO


INGREDIENTES:

  • 150 gr. de fabas (de Lourenzá, xaora).
  • 500 gr. de patacas.
  • Verdura (grelos, repolo, nabizas...)
  • 1 óso de porco da parte do espiñazo.
  • 50 gr. de unto.
  • Sal.
  • Aceite de Oliva.
PREPARACIÓN:
O primeiro que debemos facer é deixar a remollo as fabas a noite anterior.
Poñemos nunha ola con auga as fabas, o unto, o sal e deixámolo cocer devagar durante unha hora e media. Engadimos as patacas troceadas e continuamos a cocción. Cando as patacas estean case feitas, botamos a verdura troceada coa man. Sacámos o unto e machucámolo encol dunha culler para que solte a esencia e devolvémolo á ola. Por último, deixamos cocer ata que as patacas estean listas. Deixamos repousar un intre e servimos. Rico, Rico!
(Cociñeiro Luís del Río, 1º NB, tres estelas Michigrín)


No hay comentarios: