Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



martes, 23 de abril de 2013

CURSOS DE LINGUA GALEGA PARA O VERÁN





VI Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, organizado pola UDC

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Universidade da Coruña na sexta edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que se desenvolverán na Coruña do 1 ao 24 de xullo de 2013


XXVI Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, organizados na USC

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega organizan a vixésimo sexta edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros de fóra de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, que se desenvolverán do 4 ao 24 de xullo de 2013.



Para máis información, premede aquí


No hay comentarios: