Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



viernes, 8 de marzo de 2013

TEATRO EN GALEGO. MEMORIAS DUN NENO LABREGO.

O polifacético artista Cándido Pazó traerá a Ponferrada o xoves 21 de marzo, ás 8 da tarde, a súa peculiar versión da obra Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, o clásico da literatura contemporánea galega.
O obxectivo é facer que o público se emocione e se divirta cun espectáculo de grande atractivo visual, no que combina a súa experiencia como actor coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias. 
Agardámosvos no teatro!

No hay comentarios: