Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



viernes, 9 de noviembre de 2012

TEMPO DE CALDO

-Ola orella, que tal?
- Oes que che digo... a min paréceme que o carniceiro cada vez nos trata peor, e os clientes que ten, peor aínda. Como poden pedir para  o caldo, unto?
- A ti paréceche que ten algo de interese ese langrán? Ademais... vai cuns aires, que non vexas...! Case non lle podes nin falar. Claro, como é a estrela do inverno... Pero.. que estrela nin que neno morto... Quen é? pois un ninguén que  non ten carne nin ten nada, só o usan para darlle substancia ao caldo. Pero... se nin sequera o comen!. Coitadiño... e pensa que é o protagonista do caldo..
-En cambio eu, son a cachucha; dou eu máis substancia que mil quilos de unto; dígocho eu, que o sei de boa tinta e sei do que falo.
- Ai mira! aí vén o fachendoso do unto; está tan groso que nin tan sequera pode camiñar.
-Ola!
-Ola! de onde vés? - Pregúntanlle a cachucha e mais a orella-.
-Pois veño do frigorífico... a verdade é que o dono son sabe onde poñerme...
- Xa, xa... - respondéronlle a cachucha e mais a orella cheas de envexa e pensando "que o demo te leve!"...
(Continuará...)



Relato imaxinario feito por Ana Pereira Salgado, alumna de 2º de Nivel Intermedio

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi bo relato e moi orixinal. Vexo que coñeces ben os ingredientes do caldo.