Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



martes, 13 de noviembre de 2012

...MÁIS CALDO

Onte entrei na chacinaría e vaia conversa tiñan as carnes! Teño que dicir que eu son unha verza que saía da froitería de en fronte e isto é un pequeno anaco do que escoitei.
XAMÓN: Eu, eu,... cómpreme a min! Sen min, o caldo non é nada!
TENREIRA: Pero ti que dis! De onde sacaches esa conclusión? Se o mellor do caldo son eu! Son saborosa, achego moitos nutrientes... Se ata teño denominación de orixe! Non coma ti, que es unha carne de terceira! Non escoitas a radio? O porco é daniño para a saúde...
XAMÓN: O porco, daniño??? Pero se eu e mais os meus levamos toda a vida sendo os Reis dos pratos!!
CHOURIZO: Iso é verdade. E ollo!... eu tamén estou en todas as casas e despensas!
TENREIRA: En que casas? Onde hai nivel e diñeiro, hai tenreira! Vós sodes de aldea!
CHOURIZO: De aldea di...! E ti, onde te criaches? Nun palacio? E a ti? que che pasa? Vaia cara tes!
UNTO:  E que cara queres que teña? Levo aquí medio ano, sen saír da chacinaría e escoitando as vosas parvadas. Danme ganas de tirarme polo mostrador abaixo!
Eu si que era a estrela dos caldos! Nunca faltei nos caldos das avoas. Sen min o caldo non tiña sabor nin textura. E agora... mira no que me convertín! Son invisible!, mao para a saúde... Todos os días falan de min na radio coma se fora a peste. Estoume a poñer rancio e acabarei no vertedoiro! Se os meus antepasados levantaran a cabeza... non crerían o que está a contecer.




Relato imaxinario feito por Consuelo García Viloria, alumna de 2º de Nivel Intermedio

No hay comentarios: