Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



viernes, 20 de enero de 2012

TEATRO EN GALEGO



O día 8 de febreiro estará
Cándido Pazó no teatro Bérgidum
de Ponferrada coa función
"O falar non ten cancelas".
Agardámosvos alí a todos vós
e a todas as vosas amizades!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

De novo @s amantes do galego no Bierzo e arredores, que cada vez somos máis, gozamos, rimos, reflexionamos e enriquecémonos co bo facer de Cándido Pazó. Coma sempre estivo espectacular, pero nesta ocasión non quero tanto enxalzar a súa actuación, entre outras cousas porque non lle fai falta, senón agradecer enormemente a presenza de todos os que nos acompañastes. Non sabedes o gratificante que é organizar eventos relacionados coa lingua galega nesta parte de aquén e vermos a vosa resposta. Grazas mil e mil primaveiras máis.

Marta González Louzao

Anónimo dijo...

Grazas a vós por darnos esa oportunidade aos bercianos que temos o galego por lingua de noso, mil primaveras máis!