Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



miércoles, 14 de diciembre de 2011

A Esmorga



Unha obra clásica da literatura galega, entre outras moitas. Que vos pareceu esta ou outras que lestes?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Trátase dun libro moi avanzado para a súa época. Permítenos coñecer de primeira man os costumes e maneiras de pasar o tempo das xentes máis humildes dos suburbios da cidade ourensá
Recoméndovolo!

Anónimo dijo...

Trata de facernos entender o significado da "Esmorga" na cidade de Auria (Ourense)a través das respostas dunha testemuña nun xuízo.
Recoméndovolo, sobre todo polo idioma, xa que vos ofrece a posibilidade de ler un galego "dialectal" que amosa a forma de falar da clase baixa.