Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



martes, 20 de diciembre de 2011

CHEGOU O NADAL!

O Apalpador


Xa chegou o Nadal.
Coñecedes a figura do apalpador?

O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandegueiro é unha figura lendaria galega que lles achega agasallos aos nenos polo Nadal. Trátase dun xigante que baixa das devesas e apalpa as barriguiñas dos cativos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas,  se están baleiras cala, pero déixalles igualmente as castañas.


Aquí vos deixamos un enlace por se queredes saber máis deste personaxe.
http://www.oapalpador.com/

Por certo, o Departamento de Galego quere desexarvos a todos e a cada un de vós Bo Nadal e que o vindeiro ano vos sexa favorable en todos os eidos.

No hay comentarios: