Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



viernes, 20 de diciembre de 2013

CARTAS AO APALPADOR DE 1º NIVEL BÁSICO


Ponferrrada, 17 de decembro de 2013


Boas tardes señor apalpador,

escríboche esta carta con todo o cariño para pedirche que nos traias unha boa saúde para todos as persoas queridas, e que trouxeras máis paciencia para o aninovo, xa que necesito moita cos meus fillos.
Xa de pedir, tamén quixera que me trouxeras un coche novo, xa que o meu está vellino. Tamén che pido traballo para todos e que se acabe a crise canto antes.
Eu creo que xa che pedín moito, con todo isto xa me chega.
Que teñas bo Nadal e que poidas taernos case todo o que che pedimos e grazas por todo.

SONIA MARTINEZ RODRIGUEZ

---------------------------------------------------------------------

Ola señor apalpador,
Este ano fun moi boa. Só con dicirche que aprobo todas xa son feliz, o único que che quero pedir é que me traias sorte para o próximo ano e se pode ser gustaríame que me trouxeras roupa nova e un piano, xa que o meu me queda pequeño.
Tamén me gustaría que convenceras aos meus pais para que deixen ir o concerto de 1D en Madrid e se fas o favor de dicirlles aos meus profesores que no nos poñan tantos deberes.
Eu xa non che pido nada máis.

Moitas grazas e ata o 24 de decembro. 
Valeria
---------------------------------------------------------------------------

Querido Apalpador,

Xa estamos rematando o ano e coma sempre tócame escribirche. Este ano fun moi bo e espero que te portes ben comigo e non como o ano pasado que me trouxeches carbón. Aí vai a miña listaxe de peticións:

Sáude, cartos e amor, para min e para toda a miña familia.
Fin da crise, PP fóra do goberno.
Con iso chega.
Graciñas.
-------------------------------------------------------------
Querido Apalpador,

O día que veñas apalparme a barriguiña, verás que vou ben chea. Estes días comín caza cos amigos, corzo e xabarín na miña aldea. Aínda que estou farta, gustaríame que me deixaras unha manchea de castañas para o meu sobriño que tolea por elas.
Os meus desexos para o ano que ven son os seguintes:
  • Un bo ordenador portátil coa súa conexión a internet
  • Unha persoa que me faga a comida do mediodía (se non é posible, cun libro de receitas chégame!!!!)
  • E o derradeiro desexo, é que me axudes no exame de galego de xuño da Escola de Idiomas.

Non che pido máis porque imaxino que tes unha morea de desexos por cumprir.

Unha aperta e moitos bicos !!!!! Cóidate moito nas montañas do Courel que vai frío!

No hay comentarios: