Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



jueves, 31 de octubre de 2013

O CHOUPÍN

Como todos os anos, chega o outono, vestindo a natureza de variadas cores.
Eu son un cogomelo, que na zona de Valdeorras, chaman Choupín.
Estou moi solicitado nestes días que choveu e vén moita xenta á caza do choupín: cazadores, labregos, camiñantes... xentes de toda condición con bolsas e cestas cheas ata arriba dos meus irmáns.
Eu xa nacín pequeno e como medro devagariño non me queren ata que sexan máis grande. Por iso quedei só, todos os meus parentes e veciños foron cortados da terra.
O peor de todo isto é a noite, unha noite lóbrega, tristeira, escura... chea de perigos e animais.
Á mañá, érgome cedo. Os paxaros espértanme cos seus cantos. Vístome co meu mellor traxe branco e marrón e comezo os meus exercicios buscando mellor asento na terra chea de nutrintes.
As vacas pasan preto de min e eu téñolles medo posto que poden pisarme e amolar o meu traxe. Loce o sol todo o día e gozo vendo como cambia a paisaxe día a día.
Teño medo de medrar e medrar, xa que me cortarán e me cociñarán como os demais. A vida dun cogomelo non é fácil xa que somos maltratados e ao mesmo tempo valorados.
Chega o día, seino; unhas señoras veñen de paseo e unha delas decátase da miña presenza. Eu non podo fuxir, non podo facer nada. Cóllenme con coidado e paso á cesta dende onde irei á mesa para ser o prato estrela da súa casa neste tempo de outono. Tempo de cogomelos e castañas.

Ana Pereira Salgado. 1º NA


No hay comentarios: