

O Departamento de Galego incorporou este ano ás lecturas recomendadas estas dúas obras de Domingo Villar. Hai alguén que xa as lera?
Este blog creado no seo do Departamento de Galego da EOI de Ponferrada quere achegarse máis ao alumnado así como a todas aquelas persoas que desexen amosar as súas inquedanzas e pensamentos sobre diferentes temas que iremos ofrecendo.
5 comentarios:
Eu as lin o pasado verán et gustáronme moito as duas, pero sobre todo a praia dos afogados. A de ollos de auga é un pouco máis desagradable pra mín, máis du xenro novela negra, et tamén máis previsible. Na da praia dos afogados hay máis intriga e os lugares onde se desenrola a acción me son tán queridos, lenbránme tantas cousas...Sen dúbida ningunha , dúas boas recomendacións de lectura. MC
A verdade é que eu acabo de lelas e gustáronme ámbalas dúas. Ollos de auga foi a primeira que lin, e reparei sobre todo no trato dos personaxes... gustoume moito. A praia dos afogados coa súa intriga e co desenvolvemento da historia fíxoseme moi apetecible para a lectura. Unha boa escolla!
Un mariñeiro aparece afogado nunha praia de Panxón.En principio trátase dun suicidio.Os detectives Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez, que xa apareceran noutra novela de Domingo Vilar chamada "Ollos de auga", encárganse da investigación que os mergulla nun mundo turbio, inquietante e descoñecido para eles.
O uso de moito léxico mariñeiro, a aparición dun espectro e o feito de que o protagonista "in absentia" sexa alguén que xa morreu e que cría en meigas levando sempre amuletos nos petos fai que non nos esquezamos de que nos atopamos en terras galegas.
O libro Ollos de auga gustoume moito. Está moi entretido e tente no aire pois non se sabe o desenlace do asasinato do saxofonista Lois Reigosa ata o final.
Tédelo que ler todos
"Ollos de auga" de Domingo Villar.
Este libro vaivos encantar. Comeza cun asasinato,e vaite engulindo no argumento; enseguida méteste na pel do protagonista e na atmosfera da novela, ambientada na cidade de Vigo, ten tamén momentos de humor.
Recoméndovolo para pasar unha tarde entretida e amen, xa que a intriga dura até o final.
Os gustará moito.
Publicar un comentario